Preto de Sta. Eufemia, está situado na marxe dereita do Lor.

Ten unha asombrosa abundancia de castiñeiros e casas de aspecto moi primitivo, apiñadas estreitamente e provistas de grandes beirados. Únense entre si por pasadizos voados de madeira.